lunes, 5 de octubre de 2009

XORNADA 6: RESULTADOS DISPARES

Este fin de semana comezou antes para os nosos equipos, posto que os infantís xogaban o partido da anterior xornada o xoves, no que perderon por un apretado 3 - 4 contra o R.C. Villalbés. Aínda que os de Burunda resarcíronse o sábado, ao gañar a domicilio ao San José por 0 - 11.

Os cadetes repetiron o resultado dos infantís, ao perder co Residencia pola mínima, 3 - 4, no Municipal de Malates. Mentres que os xuvenís déronnos unha alegría gañando ao Alfoz no mesmo escenario, por 2 - 0.

O primeiro equipo, que xogaba contra o Mesón do Bento, un equipo moi reforzado con xogadores de 2ªB, e nun campo pequeno, perdeu 3 - 1. Resultado éste enganoso, posto que o noso equipo tivo numerosas ocasións que desbarataron os postes ou o infortunio.

Os resultados de Preferente Autonómica neste fin de semana foron os seguintes:
  • Santiago de Compostela 5 - Dubra 3
  • Laracha 6 - Viveiro 0
  • Boiro 0 - Dorneda 2
  • Chantada 0 - Betanzos 4
  • As Pontes 6 - Lemos 2
  • Noia 2 - O Val 1
  • Mesón do Bento 3 - C.D. Foz 1
  • Xove Lago 2 - Santaballés 0
  • Sporting Sada 0 - Galicia Mugardos 3

Na vindeira xornada os cadetes e os infantís descansan, polo que tan só teremos os partidos dos xuvenís, que viaxan a Viveiro, e o noso primeiro equipo que xogará o domingo ás 17h. contra o Sporting Sada, e no que agardamos que repitan o bo xogo despregado contra o Mesón do Bento, pero con resultado positivo. Debemos aportar alento este domingo ao noso equipo para saír das posicións de abaixo e comezar unha dinámica positiva de resultados.

martes, 29 de septiembre de 2009

XORNADA 5: DOUS PARTIDOS CON SENSACIÓNS ENCONTRADAS

A xornada 5ª deixounos unha sensación agridulce. Mentres os xuvenís de Rubén gañaban 1 - 3 a domicilio, como 7 días antes o fixera o primeiro equipo, en Xove, o noso primeiro equipo perdía no Estadio Martínez Otero, 0 -1.

O partido contra o Noia cambiou o guión ás primeiras de cambio. Os primeiros 10 minutos foron decisivos para o resto do encontro. No minuto 2 o árbitro pitou un penalti a favor do C.D. Foz que lanzou Fernando Corredoira. Sen embargo o seu lanzamento non acabou dentro da portería.

Se ese momento minou un pouco a moral do noso equipo non o sabemos, porque no minuto 10 o partido daría un xiro completo, que á postre, definiría o partido. O árbitro pitou un penalti e decretou a expulsión de Xusto con cartón vermello directo. Esta vez o balón si entrou na portería de Bruzos, no único gol que subiría ao marcador.

O noso equipo tivo varias ocasións para empatar e gañar o partido, pero non se concretou ningunha. Os xogadores ao final do partido tiñan a sensación de ter perdido un partido que de non darse as circunstancias dos primeiros 10 minutos, gañarían de forma clara. Abatidos ao rematar, animámolos a repoñerse para tentar traer os 3 puntos o vindeiro domingo do campo do Mesón do Bento.

A xornada deixou estes resultados en Preferente Autonómica:

  • Dorneda 2 - Laracha 1
  • Betanzos 2 - Boiro 1
  • Castro 1 - As Pontes 0
  • Santaballés 2 - Flavia 1
  • Lemos 1 - Santiago de Compostela 0
  • O Val 3 - Xove Lago 1
  • CD Foz 0 - Noia 1
  • Galicia Mugardos 1 - Mesón do Bento 0
  • Viveiro 2 - Sporting Sada 0
  • Dubra 1 - Chantada1


Os próximos partidos que nos esperan son os seguintes:

Os nosos infantís reciben na casa ao Rc. Villalbés o xoves, ás 18h. no Estadio Martínez Otero. Os cadetes reciben ao Residencia o domingo, ás 11h. no Estadio Municipal de Malates e os xuvenís tentarán gañar ao Alfoz o sábado, ás 12h. no mesmo escenario.

Se queredes participar na nosa quiniela, xa sabedes, nos bares de Foz, obteredes o cartón para que vos adiantedes aos resultados desta fin de semana. Os partidos elixidos para xogar son:

Mesón do Bento - C.D. Foz
Laracha - Viveiro
Sevilla C.F. - R. Madrid

martes, 22 de septiembre de 2009

XORNADA 4: PLENO DE VITORIAS EN TODAS AS NOSAS CATEGORÍAS

Hai fins de semana que nos fan sacar un gran sorrriso, éste foi un deles, sen dúbida. Todos os nosos equipos conxuráronse para darnos grandes satisfaccións, que agardamos continúen na vindeira fin de semana.

O noso primeiro equipo desprazouse a Xove, no que era o primeiro derbi comarcal. Un partido cheo de alicientes, no que os nosos xogadores amosaron ir polo partido desde o primeiro momento, pero que só puideron anotar un gol, quedando 0 - 1, pero sen ver perigar en momento algún o resultado.

Os máis pequenos, os infantís, no seu desprazamento a Lugo para xogar coa Milagrosa B, volveron a obter un resultado moi abultado, vencendo 0 - 10. Os máis pequenos de Burunda esqueceron a base de goleadas o primeiro partido no que perderon pola mínima.

Burunda seguiu coa racha dos infantís e os seus pupilos cadetes, que se estranaban nesta liga 2009-2010 en Sarria, venceron 0 - 2. Resultado que nos fai confiar moito neles, aínda que non os poderemos ver este fin de semana, posto que descansan.

Os xuvenís xogaban un interesante e intenso derbi contra a S.D. Burela e non defraudaron, gañando na casa 2 - 1. A racha de vitorias fainos presaxiar unha boa tempada.

Os resultados que nos deixou esta xornada en Preferente Autonómica foron os seguintes:

  • Santiago de Compostela 0 - 1 Castro
  • Dorneda 0 - 0 Viveiro
  • Laracha 0 - 1 Betanzos
  • Mesón do Bento 4 - 1 Sporting Sada
  • Flavia 0 - 0 O Val
  • Xove Lago 0 - 1 C.D. Foz 
  • Noia 1 - 1 Galicia Mugardos
  • Boiro 1 - 3 Dubra
  • As Pontes 0 - 0 Santaballés
  • Chantada 2 - 2 Lemos
Este vindeiro fin de semana temos interesantes partidos:

Os xuvenís tentarán repetir o bo resultado do primeiro equipo en Xove e o primeiro equipo recibe o domingo ao Noia C.F, ás 17:30h.. Pola súa banda, os nosos infantís xogarán na casa contra o RC Villalbés, pero será o xoves 1 de outubro, ás 18h. no Estadio Martínez Otero.

jueves, 17 de septiembre de 2009

COMEZA A LIGA PARA OS CADETES E INTERESANTES PARTIDOS PARA ESTE FIN DE SEMANA

Este fin de semana do 19 e 20 de setembro, temos o inicio da Liga para a nosa categoría cadete. Adestrados, como os infantís, por Burunda, estrean a tempada en Sarria. Será o domingo, ás 11h. Agardamos que teñan un bo inicio.
Quen tamén xoga fóra son os nosos infantís, que se desprazan ata Lugo para xogar contra a Milagrosa. Será o sábado, ás 12h.
Seguindo cos desprazamentos, o noso primeiro equipo fai unha breve viaxe este domingo, posto que xogará contra o Xove Lago. Será ás 17'30h. Animamos a todas as persoas a alentar ao noso equipo neste primeiro derbi.
Por último, os únicos que xogan este fin de semana na casa son os xuvenís, que se enfrontarán ao S.D. Burela o vindeiro sábado, ás 17h. no Estadio Municipal de Malates. Un partido contra os nosos veciños de Burela sempre ten a súa rivalidade, sexa da categoría que sexa, así que achegarémonos apoiar aos nosos xuvenís para que derroten ao Burela.
Agardamos traer boas noticias no próximo artigo cos resultados deste fin de semana.

domingo, 13 de septiembre de 2009

XORNADA 3: 2 VITORIAS CONTRA UNHA DERROTA

Esta xornada foi boa para as nosas categorías inferiores. Os infantís de Burunda gañaron 15 a 0 ao Sarria, no noso campo, quitando así o mal sabor de boca que nos quedara no primeiro partido de liga.
Os xuvenís gañaron pola mínima 1 a 0 ao Meira a domicilio, seguindo pola senda da vitoria que comezaron o pasado fin de semana.
Sen embargo o noso primeiro equipo non puido acompañar estes resultados positivos ao caer derrotado 2 a 0 ante o Flavia no Estadio Martínez Otero, un bo equipo que conseguiu subir ao marcador 2 tantos, un deles de penalti, na segunda parte. Os xogadores adestrados por Durán non foron capaces de materializar ningunha das ocasións provocadas, sobre todo nos primeiros 45 minutos.
A última xornada deixou os seguintes resultados en Preferente Autonómica:
  • O Val 1 - As Pontes 1
  • Castro 1 - Chantada 0
  • Santaballés 2 - Santiago de Compostela 3
  • Sporting Sada 1 - Noia 1
  • Betanzos 1 - Dorneda 0
  • Dubra 2 - Laracha 2
  • Lemos 0 - Boiro 2
  • Galicia Mugardos 0 - Xove Lago 1
  • Viveiro 2 - Mesón do Bento 1
  • C.D. Foz 0 - Flavia 2

lunes, 7 de septiembre de 2009

XORNADA 2: RESULTADOS DISPARES NAS NOSAS CATEGORÍAS

Este primeiro fin de semana de setembro deixou sorte dispar entre as nosas categorías. Mentres que os nosos xuvenís gañaban de forma contundente ao Ribadeo C.F. por un total de 7 a 1, os infantís e o primeiro equipo perdía nos seus desprazamentos a Chantada e As Pontes, respectivamente.
O equipo de Durán foi vítima da mala sorte ao encaixar o único gol que subiu ao marcador no minuto 92, cando o árbitro estaba a piques de pitar o final. Xa non houbo tempo para intentar igualar o 1 - 0.
O resto da xornada en Preferente Autonómica quedou así:
  • Dorneda 4 – Dubra 0
  • Santiago de Compostela 1 – O Val 3
  • Betanzos 3 – Viveiro 0
  • Laracha 3 – Lemos 0
  • Boiro 1 – Castro 0
  • Chantada 1 – Santaballés 0
  • Xove Lago 1 – Sporting Sada 2
  • Noia 1 – Mesón do Bento 3
  • As Pontes 1 – C.D. Foz 0
  • Flavia 2 – Galicia Mugardos 0

 O vindeiro fin de semana o noso primeiro equipo recibe na casa ao Flavia, que ven de gañar ao Sada a domicilio, na primeira xornada, e de gañar na casa ao Galicia Mugardos, este pasado domingo. Promete ser, polo tanto, un partido discutido, polo que debemos achegarnos a animar ao noso equipo.
Nas categorías inferiores, os xuvenís viaxan a Meira buscando un bo resultado e os nosos infantís intentarán resarcirse do mal comezo, recibindo na casa ao Sarria.

lunes, 31 de agosto de 2009

COMEZAN OS XUVENÍS E OS INFANTÍS

Este fin de semana xa ven cargado de partidos para o noso club. Os xuvenís comezan na casa o sábado, 5 de setembro, ás 12h. no Estadio Municipal de Malates, contra o Ribadeo F.C.
Agardamos que nos acompañedes a animar aos pupilos de Raúl.
Por outra banda, os infantís comezan a Liga na casa do Chantada. Agardamos que os pequenos de Burunda nos sigan ofrecendo un fermoso fútbol como na tempada pasada.

domingo, 30 de agosto de 2009

ARRANCA A TEMPADA 2009-2010 - XORNADA 1

O domingo 30 de agosto comezou a tempada 2009-2010 para o C.D. Foz, e fíxoa da mellor forma posible. Gañamos 1 -0 ao Santiago de Compostela.
Foi un partido moi reñido, pero grazas a un penalti convertido por Dani Chinchón, puidemos comezar a tempada cunha boa victoria.
Agardamos ter a mesma sorte no vindeiro partido, nas Pontes, que ven de gañar ao Galicia Mugardos, na súa casa, e é un gran equipo.
A mala noticia do encontro foi a lesión de Javi Chinchón. As primeiras exploracións feitas polo preparador físico son preocupantes, pero esperamos que se recupere rápido para volver a mandar no centro da defensa.
O total dos partidos quedou da seguinte forma:
  • Santaballés 1 - 1 Boiro
  • Castro 0 - 1 Laracha
  • Mesón do Bento 4 - 0 Xove Lago
  • O Val 1 - 1 Chantada
  • C.D Foz 1 - 0 Santiago de Compostela
  • Galicia Mugardos 1 - 2 As Pontes
  • Sporting Sada 0 - 2 Flavia
  • Viveiro 5 - 0 Noia
  • Lemos 0 - 2 Dorneda
  • Dubra 0 - 1 Betanzos

Equipo xuvenil




Equipo cadete


Equipo infantil