jueves, 17 de septiembre de 2009

COMEZA A LIGA PARA OS CADETES E INTERESANTES PARTIDOS PARA ESTE FIN DE SEMANA

Este fin de semana do 19 e 20 de setembro, temos o inicio da Liga para a nosa categoría cadete. Adestrados, como os infantís, por Burunda, estrean a tempada en Sarria. Será o domingo, ás 11h. Agardamos que teñan un bo inicio.
Quen tamén xoga fóra son os nosos infantís, que se desprazan ata Lugo para xogar contra a Milagrosa. Será o sábado, ás 12h.
Seguindo cos desprazamentos, o noso primeiro equipo fai unha breve viaxe este domingo, posto que xogará contra o Xove Lago. Será ás 17'30h. Animamos a todas as persoas a alentar ao noso equipo neste primeiro derbi.
Por último, os únicos que xogan este fin de semana na casa son os xuvenís, que se enfrontarán ao S.D. Burela o vindeiro sábado, ás 17h. no Estadio Municipal de Malates. Un partido contra os nosos veciños de Burela sempre ten a súa rivalidade, sexa da categoría que sexa, así que achegarémonos apoiar aos nosos xuvenís para que derroten ao Burela.
Agardamos traer boas noticias no próximo artigo cos resultados deste fin de semana.

domingo, 13 de septiembre de 2009

XORNADA 3: 2 VITORIAS CONTRA UNHA DERROTA

Esta xornada foi boa para as nosas categorías inferiores. Os infantís de Burunda gañaron 15 a 0 ao Sarria, no noso campo, quitando así o mal sabor de boca que nos quedara no primeiro partido de liga.
Os xuvenís gañaron pola mínima 1 a 0 ao Meira a domicilio, seguindo pola senda da vitoria que comezaron o pasado fin de semana.
Sen embargo o noso primeiro equipo non puido acompañar estes resultados positivos ao caer derrotado 2 a 0 ante o Flavia no Estadio Martínez Otero, un bo equipo que conseguiu subir ao marcador 2 tantos, un deles de penalti, na segunda parte. Os xogadores adestrados por Durán non foron capaces de materializar ningunha das ocasións provocadas, sobre todo nos primeiros 45 minutos.
A última xornada deixou os seguintes resultados en Preferente Autonómica:
  • O Val 1 - As Pontes 1
  • Castro 1 - Chantada 0
  • Santaballés 2 - Santiago de Compostela 3
  • Sporting Sada 1 - Noia 1
  • Betanzos 1 - Dorneda 0
  • Dubra 2 - Laracha 2
  • Lemos 0 - Boiro 2
  • Galicia Mugardos 0 - Xove Lago 1
  • Viveiro 2 - Mesón do Bento 1
  • C.D. Foz 0 - Flavia 2