Este primeiro fin de semana de setembro deixou sorte dispar entre as nosas categorías. Mentres que os nosos xuvenís gañaban de forma contundente ao Ribadeo C.F. por un total de 7 a 1, os infantís e o primeiro equipo perdía nos seus desprazamentos a Chantada e As Pontes, respectivamente.
O equipo de Durán foi vítima da mala sorte ao encaixar o único gol que subiu ao marcador no minuto 92, cando o árbitro estaba a piques de pitar o final. Xa non houbo tempo para intentar igualar o 1 - 0.
O resto da xornada en Preferente Autonómica quedou así:
- Dorneda 4 – Dubra 0
- Santiago de Compostela 1 – O Val 3
- Betanzos 3 – Viveiro 0
- Laracha 3 – Lemos 0
- Boiro 1 – Castro 0
- Chantada 1 – Santaballés 0
- Xove Lago 1 – Sporting Sada 2
- Noia 1 – Mesón do Bento 3
- As Pontes 1 – C.D. Foz 0
- Flavia 2 – Galicia Mugardos 0
O vindeiro fin de semana o noso primeiro equipo recibe na casa ao Flavia, que ven de gañar ao Sada a domicilio, na primeira xornada, e de gañar na casa ao Galicia Mugardos, este pasado domingo. Promete ser, polo tanto, un partido discutido, polo que debemos achegarnos a animar ao noso equipo.
Nas categorías inferiores, os xuvenís viaxan a Meira buscando un bo resultado e os nosos infantís intentarán resarcirse do mal comezo, recibindo na casa ao Sarria.