Hai fins de semana que nos fan sacar un gran sorrriso, éste foi un deles, sen dúbida. Todos os nosos equipos conxuráronse para darnos grandes satisfaccións, que agardamos continúen na vindeira fin de semana.
O noso primeiro equipo desprazouse a Xove, no que era o primeiro derbi comarcal. Un partido cheo de alicientes, no que os nosos xogadores amosaron ir polo partido desde o primeiro momento, pero que só puideron anotar un gol, quedando 0 - 1, pero sen ver perigar en momento algún o resultado.
Os máis pequenos, os infantís, no seu desprazamento a Lugo para xogar coa Milagrosa B, volveron a obter un resultado moi abultado, vencendo 0 - 10. Os máis pequenos de Burunda esqueceron a base de goleadas o primeiro partido no que perderon pola mínima.
Burunda seguiu coa racha dos infantís e os seus pupilos cadetes, que se estranaban nesta liga 2009-2010 en Sarria, venceron 0 - 2. Resultado que nos fai confiar moito neles, aínda que non os poderemos ver este fin de semana, posto que descansan.
Os xuvenís xogaban un interesante e intenso derbi contra a S.D. Burela e non defraudaron, gañando na casa 2 - 1. A racha de vitorias fainos presaxiar unha boa tempada.
Os resultados que nos deixou esta xornada en Preferente Autonómica foron os seguintes:
- Santiago de Compostela 0 - 1 Castro
- Dorneda 0 - 0 Viveiro
- Laracha 0 - 1 Betanzos
- Mesón do Bento 4 - 1 Sporting Sada
- Flavia 0 - 0 O Val
- Xove Lago 0 - 1 C.D. Foz
- Noia 1 - 1 Galicia Mugardos
- Boiro 1 - 3 Dubra
- As Pontes 0 - 0 Santaballés
- Chantada 2 - 2 Lemos
Este vindeiro fin de semana temos interesantes partidos:
Os xuvenís tentarán repetir o bo resultado do primeiro equipo en Xove e o primeiro equipo recibe o domingo ao Noia C.F, ás 17:30h.. Pola súa banda, os nosos infantís xogarán na casa contra o RC Villalbés, pero será o xoves 1 de outubro, ás 18h. no Estadio Martínez Otero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario