lunes, 7 de septiembre de 2009

XORNADA 2: RESULTADOS DISPARES NAS NOSAS CATEGORÍAS

Este primeiro fin de semana de setembro deixou sorte dispar entre as nosas categorías. Mentres que os nosos xuvenís gañaban de forma contundente ao Ribadeo C.F. por un total de 7 a 1, os infantís e o primeiro equipo perdía nos seus desprazamentos a Chantada e As Pontes, respectivamente.
O equipo de Durán foi vítima da mala sorte ao encaixar o único gol que subiu ao marcador no minuto 92, cando o árbitro estaba a piques de pitar o final. Xa non houbo tempo para intentar igualar o 1 - 0.
O resto da xornada en Preferente Autonómica quedou así:
  • Dorneda 4 – Dubra 0
  • Santiago de Compostela 1 – O Val 3
  • Betanzos 3 – Viveiro 0
  • Laracha 3 – Lemos 0
  • Boiro 1 – Castro 0
  • Chantada 1 – Santaballés 0
  • Xove Lago 1 – Sporting Sada 2
  • Noia 1 – Mesón do Bento 3
  • As Pontes 1 – C.D. Foz 0
  • Flavia 2 – Galicia Mugardos 0

 O vindeiro fin de semana o noso primeiro equipo recibe na casa ao Flavia, que ven de gañar ao Sada a domicilio, na primeira xornada, e de gañar na casa ao Galicia Mugardos, este pasado domingo. Promete ser, polo tanto, un partido discutido, polo que debemos achegarnos a animar ao noso equipo.
Nas categorías inferiores, os xuvenís viaxan a Meira buscando un bo resultado e os nosos infantís intentarán resarcirse do mal comezo, recibindo na casa ao Sarria.

lunes, 31 de agosto de 2009

COMEZAN OS XUVENÍS E OS INFANTÍS

Este fin de semana xa ven cargado de partidos para o noso club. Os xuvenís comezan na casa o sábado, 5 de setembro, ás 12h. no Estadio Municipal de Malates, contra o Ribadeo F.C.
Agardamos que nos acompañedes a animar aos pupilos de Raúl.
Por outra banda, os infantís comezan a Liga na casa do Chantada. Agardamos que os pequenos de Burunda nos sigan ofrecendo un fermoso fútbol como na tempada pasada.

domingo, 30 de agosto de 2009

ARRANCA A TEMPADA 2009-2010 - XORNADA 1

O domingo 30 de agosto comezou a tempada 2009-2010 para o C.D. Foz, e fíxoa da mellor forma posible. Gañamos 1 -0 ao Santiago de Compostela.
Foi un partido moi reñido, pero grazas a un penalti convertido por Dani Chinchón, puidemos comezar a tempada cunha boa victoria.
Agardamos ter a mesma sorte no vindeiro partido, nas Pontes, que ven de gañar ao Galicia Mugardos, na súa casa, e é un gran equipo.
A mala noticia do encontro foi a lesión de Javi Chinchón. As primeiras exploracións feitas polo preparador físico son preocupantes, pero esperamos que se recupere rápido para volver a mandar no centro da defensa.
O total dos partidos quedou da seguinte forma:
  • Santaballés 1 - 1 Boiro
  • Castro 0 - 1 Laracha
  • Mesón do Bento 4 - 0 Xove Lago
  • O Val 1 - 1 Chantada
  • C.D Foz 1 - 0 Santiago de Compostela
  • Galicia Mugardos 1 - 2 As Pontes
  • Sporting Sada 0 - 2 Flavia
  • Viveiro 5 - 0 Noia
  • Lemos 0 - 2 Dorneda
  • Dubra 0 - 1 Betanzos

Equipo xuvenil




Equipo cadete


Equipo infantil