lunes, 5 de octubre de 2009

XORNADA 6: RESULTADOS DISPARES

Este fin de semana comezou antes para os nosos equipos, posto que os infantís xogaban o partido da anterior xornada o xoves, no que perderon por un apretado 3 - 4 contra o R.C. Villalbés. Aínda que os de Burunda resarcíronse o sábado, ao gañar a domicilio ao San José por 0 - 11.

Os cadetes repetiron o resultado dos infantís, ao perder co Residencia pola mínima, 3 - 4, no Municipal de Malates. Mentres que os xuvenís déronnos unha alegría gañando ao Alfoz no mesmo escenario, por 2 - 0.

O primeiro equipo, que xogaba contra o Mesón do Bento, un equipo moi reforzado con xogadores de 2ªB, e nun campo pequeno, perdeu 3 - 1. Resultado éste enganoso, posto que o noso equipo tivo numerosas ocasións que desbarataron os postes ou o infortunio.

Os resultados de Preferente Autonómica neste fin de semana foron os seguintes:
  • Santiago de Compostela 5 - Dubra 3
  • Laracha 6 - Viveiro 0
  • Boiro 0 - Dorneda 2
  • Chantada 0 - Betanzos 4
  • As Pontes 6 - Lemos 2
  • Noia 2 - O Val 1
  • Mesón do Bento 3 - C.D. Foz 1
  • Xove Lago 2 - Santaballés 0
  • Sporting Sada 0 - Galicia Mugardos 3

Na vindeira xornada os cadetes e os infantís descansan, polo que tan só teremos os partidos dos xuvenís, que viaxan a Viveiro, e o noso primeiro equipo que xogará o domingo ás 17h. contra o Sporting Sada, e no que agardamos que repitan o bo xogo despregado contra o Mesón do Bento, pero con resultado positivo. Debemos aportar alento este domingo ao noso equipo para saír das posicións de abaixo e comezar unha dinámica positiva de resultados.